Hoxe é o día 30 de setembro, Día Internacional da Tradución.
Celébrase esta conmemoración na onomástica de San Xerome de Estridón, falecido o 30 de setembro de 420 d.C dado que foi o primeiro tradutor da Biblia, coñecida como a Vulgata, do grego e o hebreo ao latín.
O obxectivo desta celebración é visibilizar a profesión dos tradutores para que o público en xeral sexa consciente de que unha meirande parte dos textos que pasan polas súas mans na súa vida cotiá son textos traducidos. O lema deste ano é:
Tradución e interpretación: Conectando os mundos.
Aproveito esta conmemoración tan importante para o noso gremio para presentar a miña nova imaxe corporativa e páxina web: www.coutolago.com
Gustaríame agradecer ao deseñador gráfico, Xosé Rivera (www.dobleclic.com), polo seu traballo na creación da imaxe corporativa e o deseño web. Ademais dun bo deseñador gráfico, é tamén un gran fotógrafo como ilustran as fotos tan lucidas que me fixo.
Quero agradecer tamén a colaboración de varios compañeiros polas súas achegas e a revisión dos textos que están publicados na páxina, nomeadamente: Ana Mirás Moure, Carlos Sierra Carbajo, Cristina Río López e Patricia Buján Otero.
Agardo que vos guste a páxina e aquí fico para calquera comentario ou dúbida que poida xurdir.