Rossana Couto Lago
Tradutora desde o ano 2000, especializada en tradución médica.
A tradución é a miña paixón: tender pontes entre idiomas e culturas para facer posible a comunicación entre persoas que non se entenderían sen a mediación do tradutor. Ese é o concepto que subxace ao meu traballo.
Facilitar que os textos dos meus clientes se entendan onde teñan que presentalos e no prazo que eles necesitan: ese é o día a día do meu labor.
Posúo unha sólida formación universitaria como tradutora e amplos coñecementos nos meus campos de especialidade grazas ao estudo continuo.
Son perfeccionista no meu traballo e apaixóname a atención ao detalle, a procura do termo idóneo. O cumprimento dos prazos e a adaptación ás necesidades do cliente para ofrecer un servizo integral son as máximas da miña empresa.