Colaboración con asociacións

A pertenza a unha asociación e a participación en foros especializados sobre tradución son ferramentas fundamentais para os tradutores que lles permiten estar á última nos avances do seu campo e manter o contacto cos compañeiros de profesión.
Son socia da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) e Tremédica.
Desde 2010 a 2014 encargueime, xunto coa miña compañeira Ana Mirás Moure, da organización de actividades e cursos para a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI, www.agpti.org). Fun membro da xunta directiva da AGPTI como vogal de Formación de 2018 a 2020 e encargueime da organización das actividades de formación.
Merece unha mención especial o meu labor como coordinadora da AGPTI das X Xornadas Científicas e Profesionais de Tradución Médica, organizadas en colaboración con Tremédica na Universidade de Vigo.

Fun membro da xunta directiva de Tremédica (www.tremedica.org) como vogal de Capacitación desde 2019 a 2021. Son a presidenta de Tremédica durante o mandato de 2021 a 2023.

Participo en diversos foros e listas de tradución, como Traducción en España, MedTrad, o foro da AGPTI e a lista dedicada aos tradutores-intérpretes xurados habilitados polo MAEC.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!