Equipo

Para ofrecer un traballo de calidade, conto coa colaboración dun equipo multidisciplinar de compañeiros tradutores cuxa sólida formación nas súas combinacións de idiomas nos permite traducir e revisar aos idiomas que o cliente necesite e así complementar as miñas competencias e ofrecer un servizo integral e multilingüe.
Cabe destacar a colaboración con tradutores nativos de inglés, francés, alemán e portugués, que son as linguas de traballo máis habituais no meu día a día.
A conversión de documentos PDF e a maquetación é unha das tarefas que realizamos. Podemos traballar directamente sobre os seus documentos en InDesign, co que o cliente aforra custos de maquetación.

This is a unique website which will require a more modern browser to work!

Please upgrade today!