Na era da tecnoloxía da información, os recursos dispoñibles son un activo indispensable para os tradutores.
Traballo cun ordenador de última xeración, dúas pantallas, impresora, escáner e conexión ADSL.
Utilizo ferramentas TAO como memoQ e Trados Studio, programas de xestión de calidade como Xbench e subscricións a dicionarios como os presentes en Cosnautas e o Diccionario de términos médicos da Real Academia de Medicina.
Podemos traballar cos documentos orixinais en diversos formatos: Microsoft Office, HTML, PDF, InDesign…